A nosa compañía
O Sol de Outono é unha ilusión, un soño, unha elección do xeito de facer.
De onde vimos
A compañía nace dende o corazón do Val de Soneira con Soraya Lema.
Con esta luz, queremos chegar as e os espectadores coas nosas historias e a nosa música.Creadas para público infantil e adulto, as nosas pezas nútrense do noso patrimonio natural e cultural máis próximo como son os penedos de Pasarela e Traba na obra Aldara na Montaña (estreada en outono de 2019), autoras como Xela Arias no Exército das Paxariñas (primavera de 2021), ou biografías de mulleres da nosa contorna, como nesta ocasión, co teatro documental de "Historia dunha nena namorada do mar" (primavera 2023).
Á compañía vanse sumando profesionais da Costa da Morte e de lugares como Santiago e Teo aportando o seu grao de luz para crear e contar historias fermosas do noso país, como fermosas son as cores do sol do outono.
Coñece un pouco máis a Soraya Lema
Educadora social, pedagoga teatral e traballadora social. Cursa os seus estudos de interpretación en Santart. Realiza ao tempo obradoiros de escrita teatral na USC e fórmase na pedagoxía de Jacques Lecoq na Ecole International de Théâtre Lassaad de teatro xestual.
Escribe e interpreta Aldara na montaña, a súa primeira produción en solitario.En 2021 crea “O Exército das Paxariñas”, un compendio de poesía e fábulas sobre a poeta Xela Arias, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas. Ao tempo retoma a súa faceta de pedagoga teatral onde imparte clases de teatro en castelán e francés.


Coñece a música de Javi Sampedro
Javier é musico multi-instrumentista, profesor de musica, técnico de son e en ocasións, actor.
Con 8 anos comezou a estudar trompeta no conservatorio de Berna, Suíza, durante dous anos, ao mesmo tempo que tocaba na orquestra “Las Vegas”. Hoxe en dia é director da Coral Municipal de Vimianzo “O Son do Val” e a Batucada “O Son das Curandeiras” da mesma vila. Ademais, traballa como Profesor de Música para “A Escola da Rúa”