Proxectos
Aldara na montaña
Descubre que leva a Aldara, a emprender a súa primeira viaxe lonxe de casa. Cara onde pon rumbo esta rapaza? viaxará soa? levará con ela o acordeón?
Aitana e a avoa e outros contos violetas
Cancións e xogos de tradición oral escondidos na memoria das nais e avoas. Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos e romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.
Cando che ferve o sangue
Talleres de consciencia do corpo, exercicios de autoconciencia, movemento, danza e meditación. Proxecto levado a cabo na Costa da Morte lingados ao 8 de marzo, Día da Muller.
LOVE MILLS – Amando os muíños
Proxecto de voluntariado europeo. Residencias coa FITA (federación italiana de teatro amateur) en Cerdeña: desenvolto en Galicia, buscando espazos, facendo rede coas asociacións, falando con patrimonio para que visitaran os muiños.
Fixeron a representación en Vimianzo (Galicia) e Cerdeña (Italia).
Historia dunha nena namorada do mar
Unha peza chea de tenrura e comicidade que combina teatro, danza, monicreques e música en directo.
Esta Historia fala dos soños, da vontade de chegar a ser o que a nosa alma expresa, de empoderamento persoal dunha nena nunha profesión de homes, do coidado do mar e do sentimento de pertenza e respecto a este elemento da natureza: o mar.
Dirixida ao público familiar, para rapazada dende os 3 aos 10 anos, e na que as persoas adultas tamén se emocionan.




