Proxectos

Aldara na montaña

Descubre que leva a Aldara, a emprender a súa primeira viaxe lonxe de casa. Cara onde pon rumbo esta rapaza? viaxará soa? levará con ela o acordeón?

Aitana e a avoa e outros contos violetas

Cancións e xogos de tradición oral escondidos na memoria das nais e avoas. Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos e romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.

Cando che ferve o sangue

Talleres de consciencia do corpo, exercicios de autoconciencia, movemento, danza e meditación. Proxecto levado a cabo na Costa da Morte lingados ao 8 de marzo, Día da Muller.

LOVE MILLS – Amando os muíños

Proxecto de voluntariado europeo. Residencias coa FITA (federación italiana de teatro amateur) en Cerdeña: desenvolto en Galicia, buscando espazos, facendo rede coas asociacións, falando con patrimonio para que visitaran os muiños.
Fixeron a representación en Vimianzo (Galicia) e Cerdeña (Italia).

Historia dunha nena namorada do mar

Unha peza chea de tenrura e comicidade que combina teatro, danza, monicreques e música en directo.

Esta Historia fala dos soños, da vontade de chegar a ser o que a nosa alma expresa, de empoderamento persoal dunha nena nunha profesión de homes, do coidado do mar e do sentimento de pertenza e respecto a este elemento da natureza: o mar.

Dirixida ao público familiar, para rapazada dende os 3 aos 10 anos, e na que as persoas adultas tamén se emocionan.